José María Rivero de Aguilar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 Santiago de Compostela, España |
Morte | 19 de xullo de 1972 (72/73 anos) Ribasar, España |
Procurador en Cortes | |
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955 Lexislatura: IV lexislatura das Cortes franquistas | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | militar, político |
Familia | |
Pai | José Rivero de Aguilar |
Irmáns | Ramón Rivero de Aguilar |
José María Rivero de Aguilar Otero, nado en Santiago de Compostela cara a 1899 e finado en Ribasar (Rois) o 19 de xullo de 1972, foi un militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Rivero de Aguilar Gutiérrez de la Peña. Militar formado en África dende 1921. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi encargado polos golpistas para ordenar o tráfico ferroviario e poñelo a disposición das necesidades bélicas na xefatura do Servicio Nacional de Ferrocarriles. Tenente Coronel de Enxeñeiros, en 1944 foi nomeado Director Xeral de Renfe. En agosto de 1951 foi nomeado subsecretario do Ministerio de Obras Públicas, permanecendo no posto até abril de 1955.
Por herdanza familiar foi propietario do pazo do Faramello, onde faleceu aos 73 anos.[1] Foi soterrado na capela de Alva da Catedral de Santiago de Compostela.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Santiago de Compostela con María de Lourdes Portela Rivas en 1927,[2] e foi pai de Lourdes, José María e Bernardo Rivero de Aguilar Portela.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Foi nomeado fillo adoptivo de Vilagarcía de Arousa, Padrón, Monforte de Lemos e Ribeira e predilecto en Santiago de Compostela.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- O fiscal que acusou a Bóveda e tantas outras historias da familia Rivero de Aguilar Arquivado 21 de decembro de 2016 en Wayback Machine.